O Concello incrementou un 25% os recursos para bolsas de comedor escolar este ano
O alcalde contrapuxo esta suba da partida municipal para o comedor escolar co "recorte" da Xunta de Galicia, un 58% o pasado ano na cidade -case 200.000 euros- e un incremento autonómico no copago de cara ao próximo curso. O Concello, que concede 3.800 axudas, adica 1.657.000 euros en 2013.
Abel Caballero reiterou que "ningún neno ou nena de Vigo quedarase sen bolsa de comedor" polo recorte da Xunta de Galicia e recordou que actualmente todos os escolares que cumpren cos requisitos veron concedida a súa solicitude de achega por parte do Concello.
Para seguir nesta liña, o goberno local reserva este ano 1.657.000 euros neste concepto, 330.000 euros que nos orzamentos de 2012. En cambio, a Xunta de Galicia reduxo en Vigo un 58% a asignación para bolsas de comedor, case 200.000 euros que o Concello asumiu.
"As diferenzas dificilmente poderían ser maiores", aseverou Caballero en relación ao goberno autonómico. Xunto ás axudas para o comedor, o rexedor vigués explicou que a administración que preside outorga bolsas de estudos ao alumnado vigués da Escola de Idiomas, mentres que a Xunta de Galicia vai subirlles un 30% a matrícula.
Neste sentido, o alcalde recordou que o goberno de Vigo conxelou as tarifas das escolas municipais (infantís, de música, danza...) e, pola contra, o goberno autonómico incrementa "entre un 50 e un 55%" as taxas dos conservatorios, ensinos superiores de artes plásticas e escolas superiores de arte dramática. "Non somos todos iguais", sentenciou Caballero.
Cultura
O alcalde de Vigo denunciou igualmente unha nova redución da asignación económica que o Concello percibe da Xunta de Galicia en materia cultural, particularmente para a programación do Auditorio municipal de Vigo.
Segundo revelou o primeiro edil, a caída da achega autonómica supera o 50%, pasando de 46.000 euros o pasado ano aos 22.000 deste, "e ademais a retrasan cinco meses", censurou.
Descargar todas as imaxes