Caballero salienta a "magnífica" calidade dos carteis presentados ao concurso da Reconquista
O alcalde inaugurou este xoves a sétima edición do concurso de carteis da Reconquista, expostos na lonxa do Concello, no que optaron preto de 40 traballos procedentes de toda España e incluso espertando interese fóra das nosas fronteiras.
O alcalde eloxiou os "tres magníficos carteis" que resultaron vencendor e accésit, dentro dos case 40 que participaron este ano. Isabel Núñez foi a gañadora este ano, coa súa obra titulada "Chuliña"; os accésit recaeron no "Jaque Mate" de Andrea Antepazo e no "Símbolos" do navarro Iñaki Fernández.
Descargar todas as imaxes