O alcalde valora incrementar a axuda de 60.000 euros que achega aos Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres
O alcalde de Vigo eloxiou hoxe luns o traballo que desenvolven os Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres durante unha visita nas instalacións na que constatou a "importante" labor social que realizan para Vigo. Compromoteuse a estudar incrementar os 60.000 euros de achegas muncipais que reciben.
Acompañado pola tenente de alcalde e pola concelleira de Política de Benestar, Carmela Silva e Isaura Abelairas, respectivamente, Abel Caballero percorreu hoxe luns as instalacións dos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres. Durante a visita, agradedeu ao Hermano Donaire e a todos os misioneiros a "importante labor personal e social" que realizan para a cidade porque ata que se abriu o albergue, este era o único sitio no que podían dormir as persoas sen ningún recurso, engadiu.
Apuntou a compromiso de estudar a ampliación dos 60.000 euros e custo de auga, que o Concello aporta anualmente a esta entidade, ao constatar que dependen moito de donativos particulares. Aproveitou facer un chamamento á solidareidade e pedirlle aos cidadáns que contribúan con esta labor social.
Descargar todas as imaxes