Programación da Biblioteca Municipal "Xosé Neira Vilas" para o segundo trimestre
A Biblioteca Municipal "Xosé Neira Vilas", sita na rúa Martínez Garrido 21, presenta a súa programación de primavera, para o período abril-xuño, que inclúe unha serie de actividades diversas, dirixidas a todos os públicos, e onde destacan as actividades adicadas a Rosalía de Castro, con motivo do 150º aniversario da edición de "Cantares Gallegos": unha exposición de diferentes portadas de publicacións que neste século e medio se fixeron da obra da escritora; actividade "Rosalía, unha meniña" para nenas e nenos maiores de 7 anos, con motivo do Día do Libro infantil, o 2 de abril; obradoiro de hip-hop, con motivo do Día do Libro, o 23 de abril; e "Ola ríos, ola fontes", actividade para nenas e nenos a partir dos 3 anos.
Así mesmo, haberá actividades relacionadas co Día das Letras Galegas, adicado nesta ocasión a Roberto Vidal Bolaño, cunha exposición e unha representación teatral para dar a coñecer a súa figura.
Finalmente, teremos as actividades habituais como "Os sabadiños do Roque", os talleres "Achégate a internet", o "Obradoiro de escritura creativa", "A hora dos contos", o "Clube de lectura", os "Contos Dakí" e "Entre arrolos e contiños", dirixida a nenas e nenos de 12 meses ata 3 anos e os seus acompañantes.
Descargar todas as imaxes