Escoitar

Igualdade abre o prazo de inscrición para as " XORNADAS DE APOIO AO EMPRENDEMENTO E LIDERADO EMPRESARIAL FEMININO"<br />

As Xornadas ten como obxectivos fomentar e impulsar o emprendemento feminino, potenciar o desenvolvemento de habilidades directivas e comerciais e visibilizar experiencias e vivencias de mulleres emprendedoras.<br /> <br />

mércores, 20 mar 2013
1363780903mujerempre.jpg
O desenvolvemento do programa distribuírase en seis sesións:

Ten futuro a miña idea de negocio?. Xoves, 11 de abril de 18.00 h a 21.00 h
Experiencia de muller emprendedora no sector do marketing. Xoves 18 de abril ás 19.00 h
Experiencia de muller emprendedora no sector da formación. Xoves 25 de abril ás 19.00 h
Desenvolvemento de habilidades directivas e comercias. Xoves 2 de maio de 18.00 h a 21.00 h
Experiencia de muller emprendedora no sector do comercio. Xoves 9 de maio ás 19.00 h
Experiencia de muller emprendedora no sector da alimentación. Xoves 16 de maio ás 19.00 h


Dirixido a: mulleres maiores de 18 anos. Terán prioridade as mulleres empadroadas en Vigo.
Inscrición previa: O prazo de inscrición permanecerá aberto ata completar o número de prazas, que se concederan segundo a orde de inscrición. As persoas interesadas deberán inscribirse na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h. Máis información: www.igualdadevigo.org

Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, 20.".
Descargar todas as imaxes