O alcalde destaca que o Tribunal de Xustiza de Galicia avala de novo o PXOM de Vigo
O alcalde deu a coñecer unha sentenza do 28 de febreiro do TSXG que destestima o recurso interposto contra o PXOM polo Colectivo de Propietarios Afectados de San Pedro de Sárdoma, a Asociacion de Afectados pola Ronda e a Asociación de Propietarios e Veciños de Santa Lucía. O Tribunal desmoronou, en verbas do rexedor, todas a cada unha das alegacións dos demandantes.
O TSXG emitiu unha sentenza o pasado 28 de febreiro na que desestima o recurso contra o Plan Xeral presentado polo Colectivo de Propietarios Afectados de San Pedro de Sárdoma, a Asociacion de Afectados pola Ronda e a Asociación de Propietarios e Veciños de Santa Lucía. Entre outras alegacións, os demandantes reclamaban que o PXOM fora anulado por ter sido aprobado a porta pechada, ao que o máximo órgano jurisdiccional de Galicia respostou literalmente: no puede decirse que se hurtase a los ciudadanos el conocimiento de la actuación de sus representantes municipales cuando no sólo hubo público asistente, sino que la sesión tuvo una amplia cobertura por los medios de comunicación, hasta el punto de su retransmisión por una televisión local.
O recurso solicitaba a nulidade das modifcacións intruducidas no documento porque non obedecían á subsanación das deficiencias sinaladas na orde da Consellería; criticaba a falla unha nova exposición pública ante o cambio de criterio sobre resesrva para vivenda de protección e ante os cambios de sistemas xerais; pedía a nulidade do estudo economico financeiro; aseguraba o incumplimento da preceptiva fixación de coeficientes de ponderación para a determinación do aproveitamento tipo; omisión do informe esixido pola lexislación do sector eléctrico; falta de correlación entre o creceme nto previsto e a ordenación establecida; ilegalidade do trazado de viais e zonas verdes na maioría das áreas de solo urbano non consolidado; vulneración da normativa sobre a zona de policía dos cauces dos ríos e necesidade de adecuarse aos informes do órgano competente en materia de augas; infracción da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia ante o informe desfavorable de Patrimonio; falta de emisión de informes sectoriais. Todas estas alegacións, tal e como dixo, o rexedor foron "destruídos" polos tribunais "que son os que dan e quitan razóns". Durante a súa comparecencia, remarcou que, tal e como avalan os xuíces, "esta cidade funciona dacordo coas normas, a legalidade e ao respecto das leis". No mesmo senso, engadiu que o Concello traballa na seguridade xurídica, "con 50 sentenzas gañadas que nos dan a razón".
Descargar todas as imaxes