Escoitar

Caballero invita á cidadanía a asistir ao espectáculo de Tony Lomba e Manquiña no Auditorio Municipal

O alcalde eloxiou a "xenialidade" dos dous autores polo que animou aos vigueses a presenciar este sábado, ás 21 horas no Auditorio municipal do Concello, a "Música Ligera" de Lomba e Manquiña, que interpretan a "un artista... e un manager". As entradas á venda por 12 euros.

mércores, 20 mar 2013
1363783684lomba.JPG
O alcalde, que se declarou "seguidor da filosofía de Manquiña", animou á cidadanía viguesa a apreciar este sábado o "estilo especial" dos dous artistas, que interpretarán a "un artista... e un manager" no Auditorio municipal do Concello ás 21 horas.

Segundo explicaron en rolda de prensa -na que estiveron presentes os propios Manuel Manquiña e Tony Lomba acompañando a Caballero e ao concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez-, o Concello de Vigo colabora co espectáculo coa cesión do espazo.

Lomba e Manquiña únense para reinventar o underground elegante e invitarnos a viaxar á España dos setenta, un país namorado das suecas, de Benidorm e da música melódica. A banda sonora son cancións que xa son eternas e que marcaron unha xeración: de Sam Cooke a Nino Bravo e de Las Vegas a Benidorm.

Tamén é un musical de argumento e personaxes: unha historia de éxitos e fracasos que será narrada co estilo iconoclasta e salvaxe de Manuel Manquiña. Tony Lomba é o crooner máis xenuíno e persoal que nunca pisase un escenario de Galicia e Manquiña é un cómico punk, incapaz de non converter unha verdade nunha barbaridade.
1363783684lomba.JPG
1363783696cartelomba.jpg
Descargar todas as imaxes