Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 21 mar 2013
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 22 MARZO DE 2013.


BENESTAR SOCIAL
1.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta expte. 06/2604, 13/2057.

2.- Expediente de contratación do Servizo de Axuda no Fogar. Expte. 80269/301.

3.- Bases reguladoras e convocatoria específica para a concesións e subvencións a entidades e asociacións de carácter social, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades da Área dos Servizos Sociais no ano 2013. Expte. 80212/301.

CEDRO
4.- Indemnización substitutiva por importe de 57.370,92 € a favor de Eulen Servicios Sociosanitarios S.A. pola prestación dos servizos de apoio á U.A.D. CEDRO durante o mes de febreiro de 2013. Expte. 1958/315.

CONTRATACIÓN
5.- Adxudicación do procedemento aberto para a contratación da subministración de formigóns, áridos materiais de construcción e materiais de ferretería para o taller de Fomento do Concello de Vigo. Expte. 65970/250.

6.- Desestimento no procedemento aberto para o alleamento de 140 unidades de colectores metálicos e inicio dun novo procedemento. Expte. 4372/241

7.- Devolución de garantías:
a) Iturri S.A. Expte. 2877/213.
b) Trabajos Auxiliares de Puentes S.L. Expte. 4376/241.

DEPORTES
8.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Entidade Club Deportivo AMFIV en base ó desenvolvemento do Proxecto de actividade do seu equipo de élite na tempada deportiva 2012/2013. Expte. 11945/333.

9.- Proposta de autorización para a realización da proba XXXVI Trofeo Campo a través San Miguel de Oia o 24 de marzo de 2013. Expte. 11998/333.

10.- Adxudicación dunha subvención directa á Fundación Vide en Deporte dende a Concellería de Deportes do Concello de vigo pola súa actividade no ano 2013. Expte. 11967/333.

EDUCACIÓN
11.- Procedemento para a xestión directa polos consellos escolares do presuposto municipal de mantemento ordinario dos CEIP de Vigo para 2013. Expte. 14797/332.

12.- Renuncia de Dª Dolores Rúas Comesaña, adxudicataria dunha bolsa "Concello de Vigo" para estancias lingüísticas no estranxeiro do alumnado da EOI de Vigo. Expte. 14376/332.

EMPREGO
13.- Proposta de aceptación de renuncia da empresa La Pezera de Vigo S.L.U. á axuda municipal á contratación 2012. Expte. 9214/77.

14.- Proposta de ampliación do ámbito de aplicación do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Federación de Empresarios de Hostalería de Pontevedra "FREPOHOS" no Marco do Plan Municipal de emprego 2012. Expte. 9105/77.

15.- Solicitude de cualificación como ILE (Iniciativa local de Emprego) da empresa "Abastos Delicatessen". Expte. 9587/77.

16.- Solicitude de cualificación como ILE (Iniciativa local de Emprego) da empresa "Redpipe Solutions S.L.". Expte. 9588/77.

FESTAS
17.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) para a organización do programa "Vigo, un mar de corais" para o ano 2013. Expte. 5003/335.

IGUALDADE
18.- Prórroga de cesión temporal da vivenda municipal identificada no Rexistro de Entidades prestadoras de Servicios Sociais co nº F-00473-C-008. Expte. 5605/224.

LIMPEZA
19.- Clasificación de ofertas para a contratación do Servizo de mantemento e reparación das instalacións de contenerización soterrada do Concello de Vigo. Expte. 3121/252.



PATRIMONIO HISTÓRICO
20.- Recoñecemento extraxudicial de créditos a favor da empresa Dessa Urbanismo S.L.N.E., en concepto de modificación do Proxecto básico e de execución da rehabilitación para Centro de Interpretación Arqueolóxica da Romanización da Ría de Vigo, así como a redacción do estudo de seguridade e saúde. Expte. 6886/307.

RECURSOS HUMANOS
21.- Nomeamento interino de dous oficiais sepultureiros por acumulación de tarefas, por un período máximo de seis meses. Expte. 23924/220.

22.- Execución sentenzas xudiciais do Xulgado do Social nº 2, en materia de cantidades de Dª Carmen Mouriño Barros (Fondo Social 2010-2011). Expte. 23930/220.

23.- Proposta de aprobación de realización da campaña ordinaria de desratización para o ano 2013. Expte. 23873/220.

24.- Complemento de productividade por toxicidade do persoal do servizo de Desinfección correspondente ao mes de febreiro de 2013. Expte. 23932/220.

25.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal do servizo de Cemiterios por exceso de xornada anual correspontente ao mes de febreiro 2013. Expte. 23925/220.

26.- Complemento de productividade do persoal do servizo de Cemiterios por xornada partida correspondente ao mes de febreiro de 2013. Expte. 23926/220.

27.- Complemento de productividade por toxicidade do persoal do Parque Móbil, correspondente ao mes de febreiro 2013. Expte. 23933/220.

28.- Complemento de productividade a persoal do servizo de Electromecánicos por limpeza especial de fontes públicas ornamentais, correspondente ao 4º trimestre 2012. Expte. 23877/220.

29.- Dar conta resolución do concelleiro-delegado de Xestión Municipal, de data 04.03.2013, de adscripción de funcionarios de carreira a prazas de Intendente da Policía Local. Expte. 23906/220.


30.- Dar conta resolución do concelleiro-delegado de Xestión Municipal, de data 01.03.2013, autorizando reducción de xornada á diplomada en traballo social Dª Sofía Méndez Camaño, con reducción de retribucións. Expte. 23910/220.

OSPIO
31.- Plan de seguridade e saúde da obra "Remodelación do Mercado do Berbés". Expte. 2317/443.

32.- Nomeamento da Dirección Facultativa da obra "Remodelación do Mercado do Berbés". Expte. 2318/443.

SEGURIDADE E MOBILIDADE
33.- Devolución de fianza á Asociación Festas Virxe dos Afrixidos constituída pola celebración de ditas festas patronais no Parque Forestal de Zamáns. Expte. 84934/210.

TESOURERÍA
34.- Dar conta do recurso de reposición contra as liquidacións practicadas pola Autoridade Portuaria de Vigo pola taxas de ocupación dos túneles de beiramar (paso inferior Área Central Puerto e Paso inferior Arenal-Isaac Peral). Expte. 7240/540.

URBANISMO
35.- Desestimación de recurso de reposición formulados contra acordo da Xunta de Goberno local do 1.06.12 sobre constitución da Xunta de Compensación do APR A-5-39 Vía Norte. Expte 5060/401.

36.- Desestimación de recurso de reposición formulados contra acordo da Xunta de Goberno local do 1.06.12 sobre aprobación da Escritura de Constitución da Xunta de Compensación do APR A-5-39 Vía Norte. Expte 5060/401.

37.- Adhesión ao Modelo de Estatutos Xerais da Entidade Urbanística de conservación do Plan Parcial de Quirós. Expte. 5087/401.

38.- Inadmisión por extemporaneidade do resurso de alzada contra acordo da Asemblea Xeral da Xunta de Compensación do APR A-5-39 Vía Norte. Expte. 5083/401.

39.- Nomeamento de domicilio social e vicepresidente da Xunta de Compensación da "APR AOD A-4 05 Hispanidade". Expte. 5054/401.


XUVENTUDE
40.- Indemnización substitutiva por importe de 27.436,58 € pola Prestación do servizo de atención a nenos e nenas nas Ludotecas da Casa da Xuventude e Pavillón de Coia- xaneiro e febreiro de 2013. Expte. 3852/336.

42
- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 22 de marzo de 2013, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 20 de marzo de 2013.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.