Escoitar

O Concello celebra o Día Mundial da Árbore coa prantación de 130 unidades en Navia e Candeán

Repartidos entre a rúa Teixugueiras, en Navia, e o Parque Forestal do Vixiador de Candeán, o goberno local prantou hoxe xoves 130 árbores. Tal e como explicou o rexedor, este é o xeito co que o Concello de Vigo conmemora o Día Mundial da Árbore lanzando a menxase de que as árbores deben ocupar o seu sitio "porque produce unha grande satisfacción ver as rúas de Vigo cheas de árbores".

xoves, 21 mar 2013
1363869688candean.jpg
O alcalde de Vigo achegouse hoxe xoves ata Navia, onde se prantaron 60 árbores de 4 especies distintas: jacaranda, tilos, acer e peral ornamental. Esta iniciativa enmárcase dentro das actividades organizadas polo Concello con motivo do Día Mundial da Árbore, que incluíu a prantación doutras 70 unidades no Parque Forestal do Vixiador, coa colaboración da Comunidade de Montes.

Para a prantación destes carballos e bidueiras, o goberno local contou coa axuda de 15 alumnos de 4º de primaria do Ceip Igrexa-Candeán. Durante o acto, cada escolar prantou dous exemplares e recibiu información sobre as especies, ademais de levarse unha camelia como agasallo.

Caballero aproveitou a súa intervención para lanzar a mensaxe de que as árbores deben ocupar "o seu sitio" no ámbito urbano e non ocultou "a grande satifacción" que lle produce ver as rúas de Vigo "cheas de árbores".
1363869688candean.jpg
1363869700arbolado.jpg
Descargar todas as imaxes