Escoitar

O goberno local colaborará co historiador que defende que Vigo era unha "gran urbe" na época romana

O alcalde mantivo este xoves unha reunión con Manuel Santos, historiador e arqueólogo, autor dunha teoría que argumenta que Vigo era un importante núcleo poboacional na época romana. Caballero indicou que o goberno local, a través de Patrimonio Histórico, cooperará con Santos tras o seu estudo.

xoves, 21 mar 2013
1363869582santos.jpg
Abel Caballero e Manuel Santos, acompañado polo xornalista Eduardo Rolland, conversaron na mañá deste xoves en relación á teoría do investigador sobre a "época romana da cidade de Vigo", algo no que o alcalde manifestou ter "moito interese" en "coñecer directamente" do propio autor.

Explicou o rexedor vigués que Santos mantén "con base científica" que "Vigo era unha gran urbe na época romana", de importancia "notable", o que "concorda cos feitos", tendo en conta o legado que se atopa na cidade, como as salinas de Areal, as ánforas ou a vila romana de Mirambell, en Toralla.

Caballero ve un planteamento "sensato" neste estudo do historiador e tamén investigador do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), trátase dunha teoría "razonable" que retrata a Vigo como un "gran asentamento urbano desde hai 2.000 anos" e podería levar o nome de Burbida. O alcalde adiantou que Patrimonio Histórico traballará en conxunto con Santos no seu estudo.
Descargar todas as imaxes