O Concello habilita 1,5 millóns de euros para subvencionar entidades sen ánimo de lucro que creen emprego
Entidades sen ánimo de lucro de Vigo poderán acceder a subvencións para o fomento de emprego, unha iniciativa á que o Concello adica preto de 1,5 millóns de euros. Ese foi un dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno local deste venres, na que tamén se adxudicou a contratación do servizo de mantemento e reparación dos contedores soterrados, por un importe de 101.757,03 euros.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe venres a convocatoria e as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprego, por un importe de 1.480.000 euros. Tal e como explicou o rexedor, establécense 5 tipos de programas, según as entidades: veciñais e culturais, 300.000 euros; sociais e asistenciais, 370.000 euros; organizacións sindicais, 150.000 euros; empresariais, 400.000 euros; e comunidades de montes, 260.000 euros.
A finalidade da convocatoria é fomentar a contratación de persoas desempregadas de Vigo e reforzar a función das entidades beneficiarias. Os requisitos para acceder a estas achegas, explicou o rexedor, pasan por ser entidades sen ánimo de lucro que empreguen a parados de Vigo entre o 1 de abril e o 31 de outubro, que prorroguen os contratos realizados polo Plan Municipal de Emprego 2012. Os candidatos presentarán un proxecto ao Concello que valora con 30 puntos sobre 50 totais a cantidade de empregos e a calidade (meses de duración dos mesmos) e o prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais desde que se publiquen as bases no BOP e na web municipal.
O rexedor lembrou que o orzamento de 2013 do departamento de Emprego é de 5,5 millóns de euros, dos que 2,8 millóns, un 16,6% máis que en 2012, se adicarán a convenios de emprego. En total, puntualizou, o investimento municipal para xerar postos de traballo neste 2013 será de 15,9 millóns de euros o que supón que " somos o Concello de España que máis adica a xeración de emprego".
Contedores
Tal e como explicou, a Xunta de Goberno Local tamén adxudicou hoxe venres a contratación do servizo de mantemento e reparación dos contedores soterrados á empresa Elcolimsistem S.L por un importe de 101.757,03 por dous anos, o que supón unha rebaixa de 10.000 euros. Esta compañía, a mellor puntuada no concurso público, manterá as 222 instalacións en funcionamento na actualidade, ademais de estar obrigada a realizar revisións preventivas.
Outro dos asuntos que esta mañá recibiron luz verde na Xunta de Goberno Local foron as bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión e subvención a entidades e asociacións de carácter social, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades na área social. Co obxectivo de fomentar estas actividades, o Concello pon a disposición destes colectivos 50.000 euros para programas de familia, infancia, maiores, discapacitados, emigrantes, inmigrantes, toxicómanos...