O Concello de Vigo e Aqualia premian a responsabilidade no consumo de auga dos escolares vigueses
Coincidindo co Día Mundial da Auga, Abel Caballero e os responsables da concesionaria da auga entregaron este venres os premios do Concurso Internacional de Debuxo Infantil, no que participaron máis de 1.000 escolares de 28 colexios da cidade.
Como cada ano, no marco do Día Mundial da Auga, Aqualia e o Concello de Vigo fixeron entrega este venres dos premios do Concurso Internacional de Debuxo Infantil.
Nesta 10ª edición, "Un sobresaínte para ti, un sobresaínte para o planeta", os escolares debían plasmar como coidan a auga e demostrar unha actitude responsable no seu consumo. Os participantes neste certame non só optaron aos premios, senón que ademais colaboraron cunha causa solidaria: o equivalente en euros ao 10% do total de debuxos recibidos en todos os municipios onde aqualia presta o seu servizo, será entregado á Fundación Theodora que traballa para que os nenos hospitalizados non se esquezan de sorrir, grazas á visita dos Doutores Sorriso.
Os premios aos debuxos gañadores entregáronse esta mañá no Museo de Arte Contemporánea (MARCO) da man do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Fomento, David Regades. Por parte de Aqualia estiveron presentes o Director Territorial, José Luís García Ibáñez, e o Director de Vigo, José María Ardoy, quen nas súas palabras destacou que "os traballos recibidos demostran que os nenos son, sen dúbida, os que teñen unha conciencia máis responsable do consumo de auga. A súa responsabilidade ambiental permitirá ter un futuro mellor".
Nesta edición do Concurso Internacional de Debuxo Infantil participaron máis de 1.000 escolares vigueses de 28 colexios diferentes. A 10ª edición contou con 29.000 nenos participantes a nivel nacional e internacional do concurso. O Colexio Doutor Fleming resultou ser un dos gañadores colectivos ao ser un dos centros que máis debuxos presentou ao certame. Entre os finalistas do concurso atópanse 6 escolares de diferentes colexios de Vigo: Compañía de María, Amor de Dios, Apóstol Santiago, Josefa de Alonso, Mercantil y Ría de Vigo.
O uso intelixente da auga
A aposta de Aqualia por aplicar a máis avanzada tecnoloxía para coidar a auga, conservala e reutilizala vese reflectida na nova edición, a onceava, do Concurso Internacional de Debuxo Infantil denominada "O futuro da auga pinta ben porque o pintas ti". Este ano o certame incide especialmente no desenvolvemento e aplicación de novos desenvolvementos tecnolóxicos, algúns dispoñibles xa, que sirvan para alcanzar un uso máis eficiente no consumo da auga nos fogares e cidades e respectuoso co Medio Ambiente. Poden participar todos os escolares que se atopen cursando 3º e 4º de Primaria ata o 30 de abril.
Neste contexto José María Ardoy, Director de Aqualia Vigo, asegura "estamos a desenvolver novas tecnoloxías ao servizo dos cidadáns baseadas na innovación e o uso de tecnoloxías da información para contribuír á creación de servizos intelixentes, xa que o ciclo integral da auga ten unha crecente importancia para as cidades modernas e os seus habitantes".
Coa creación de servizos intelixentes, que consomen só o necesario, utilizando as novas tecnoloxías ao servizo dos cidadáns, ábrese o paso cara a un novo concepto de xestión. "Trátase - afirma José María - dun sistema integrado de xestión que engloba cidades, cidadáns e medio ambiente, baseado na innovación e o uso das tecnoloxías da información".
O desenvolvemento destas tecnoloxías vén motivado porque "temos unha responsabilidade como empresa xestora de desenvolver todos os medios ao noso alcance para contribuír ao desenvolvemento sustentable, á eficiencia e a construír servizos intelixentes", engade José María.
Descargar todas as imaxes