Exposición "1809. Os papeis do home e da muller"
A Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2), acolle a mostra de traxes tradicionais "1809. Os papeis do home e da muller", integrada nos actos da Reconquista da vila de Vigo, organizados pola AVC do Casco Vello, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.
 
                    
            A exposición  recrea aspectos da vida cotián dos nosos antergos ao mesmo tempo  que ensina os traxes que usaban e que son, na actualidade, os nosos traxes tradicionais que representan a nosa cultura e as nosas tradicións.
A exposición está comisariada por Patricia González Iglesias e estará aberta ao público ata o 14 de abril.
        
    
                                
                Descargar todas as imaxes
            
            
    A exposición está comisariada por Patricia González Iglesias e estará aberta ao público ata o 14 de abril.