A unanimidade do Pleno aboga por elaborar unha estratexia de promoción turística de Vigo
Todos os grupos coincidiron na sesión plenaria de hoxe luns en apoiar unha moción <i>popular</i> que insta ao Goberno local a elaborar unha estratexia de promoción turística de Vigo. Outro dos acordos unánimes desta mañá pasou por destinar aos equipos de fútbol base da cidade os campos de A Madroa, unha vez construída a Cidade do Deporte.
Co obxectivo de que Vigo sexa un destino turístico de primeiro orde, todos os grupos apoiaron hoxe luns unha moción do PP na que insta ao Goberno municipal á posta en marcha dunha estratexia de promoción da cidade. Outra das mocións do PP, tamén aprobada por unanimidade, solicitaba a creación e institucionalización de 24 horas inenterrumpidas de acción cultural. Tal e como explica o texto, o obxectivo é potenciar a nosa cultura, a nosa imaxe como cidade e entrar nun proceso de internacionalización dos nosos acenos de identidade e industrias culturais.
PP, PSOE e BNG tamén uniron os seus votos para apoiar a terceira moción defendida polo Partido Popular. Neste caso, o texto solicitaba a cesión dos campos da Madroa aos equipos de fútbol base da cidade, unha vez construída a Cidade do Deporte para o Real Club Celta. Nese momento, tal e como solicita o texto, o campo de Barreiro sería para o Gran Peña, cando o Celta xa non nos use para os seus entrenamentos.