Técnicos forestais ratifican o bo estado de conservación do olivo do Paseo de Alfonso
O alcalde avanzou hoxe martes que técnicos forestais que revisaron o estado de conservación do olivo do Paseo de Alfonso auguran alomenos outros cen anos de vida para esta árbore, coñedidos os resultados da tomografía que se lle acaba de practicar. Caballero anunciou que o Concello vai prantar gallos deste exemplar no vivieiro do Castro para, máis adiante, plantalos en zonas emblemáticas da cidade.