Escoitar

As obras do novo complexo deportivo de Navia comezarán a finais de ano cun orzamento de 7,3 millóns

A finais de 2013 comezarán as obras de construcción do novo complexo deportivo de Navia, co obxectivo de que entre en funcionamento no primeiro trimestre de 2015. Cun investimento de 7,3 millóns, incluirá entre outras dotacións, 3 piscinas, 8 pistas de pádel, 5 salas de actividade e un campo de fútbol 7.

martes, 2 abr 2013
1364903565alcalde6.jpg
Abel Caballero anunciou hoxe martes a aprobación do anteproxecto de explotación para a xestión dos servizos públicos donovo centro deportivo de Navia. Tal e como explicou, convocarase un concurso público e a empresa que obteña a concesión será a que constrúa as instalacións, cun investimento de 7,3 millóns de euros. As obras comezarán a finais deste ano e se prevé a súa posta en marcha a principos de 2015.

Estas novas dotacións deportivas, tal e como aprobou hoxe martes a Xunta de Goberno Local, construiránse na parcela contigua ao actual pavillón e preto do campo de fútbol. A edificación incluirá unha praza que unificará os accesos tamén ao pavillón existente na actualidade. Segundo detallou, haberá dúas zonas de aparcamentos, unha no norte, con 106 prazas e outra, ao sur, con 160.

As intalacións prevén 1.000 metros cadrados de agua, cunha piscina de 25 por 12,5, e 6 rúas de natación e zona wellness; outra piscina de aprendizaxe de 12,5 por 6 m, e unha terceira piscina activa con chorros de tratamento, camas de auga e jacuzzi. Tamén haberá zona wellness con sauna seca, baño de vapor. Tamén haberá 5 salas de actividades, 8 pistas de pádel, un campo de fútbol 7 de 58 por 35, ademais dunha pista polideportiva 40 por 20.

Clubes élite
A Xunta Local de Goberno deu luz verde, asimesmo, a sendos convenios con clubs de élite da cidade. Concretamente, o goberno local adxudicou ao C.D. Xuvenil de Teis, volei feminino, 20.000 euros, mentres que ao Sárdoma C.F. , fútbol feminino, achegoulle 10.000 euros.
Descargar todas as imaxes