O goberno local festexa o Día Internacional do Libro Infantil cunha visita á biblioteca Neira Vilas
O alcalde de Vigo visitou este martes a biblioteca Neira Vilas polo Día Internacional do Libro Infantil, centro que conta con 7.000 socios e máis de 121.000 usuarios. Abel Caballero transmitiu que "en Vigo temos unha forte dedicación" no fomento da lectura, singularmente na infantil.