martes, 2 abr 2013
O alcalde deu conta dos asuntos abordados hoxe martes na Xunta de Goberno Local, que inclúe a subvención para este ano ao Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Caballero censurou o recorte do 60% nas achegas da Xunta de Galicia e do Ministerio de Cultura, 140.000 e 50.000 euros respectivamente.
martes, 2 abr 2013
A finais de 2013 comezarán as obras de construcción do novo complexo deportivo de Navia, co obxectivo de que entre en funcionamento no primeiro trimestre de 2015. Cun investimento de 7,3 millóns, incluirá entre outras dotacións, 3 piscinas, 8 pistas de pádel, 5 salas de actividade e un campo de fútbol 7.
martes, 2 abr 2013
A Copa de España de patinaxe artística, modalidade grupos show, volve a Vigo esta fin de semana (venres e sábado) por terceiro ano consecutivo baixo a organización do Coruxo FC e o patrocinio do Concello.
martes, 2 abr 2013
O Auditorio Municipal do Concello de Vigo acolleu na mañá deste martes un acto con decenas de rapaces e familiares para conmemorar esta data. Coa Fundación Menela, a participación do alcalde e concelleiros do goberno, ademais de edís do BNG, o alumnado compuxo un puzzle polo Día Mundial deste síndrome.
martes, 2 abr 2013
O alcalde de Vigo visitou este martes a biblioteca Neira Vilas polo Día Internacional do Libro Infantil, centro que conta con 7.000 socios e máis de 121.000 usuarios. Abel Caballero transmitiu que "en Vigo temos unha forte dedicación" no fomento da lectura, singularmente na infantil.