martes, 12 nov 2013
A edil de Igualdade, Isaura Abelairas, visitou esta mañá aos mozos e mozas que participan no obradoiro Enredámonos nas redes? que se organiza no Auditorio Municipal co obxectivo de previr entre a mocidade a violencia de xénero. Alumnos de 11 centros de ensino secundario de Vigo forman parte desta iniciativa que comezou onte e remata mañá mércores.
xoves, 7 nov 2013
A Concellería de Igualdade informa que está aberto o prazo de inscrición para participar en dous obradoiros gratuítos que se impartirán na Casa das Mulleres no mes de novembro: "xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Análise dos factores que interveñen na desigualdade" e "comunicación en clase de xénero. estratexias para a utilización dunha linguaxe inclusiva".
xoves, 7 nov 2013
No Centro de Documentación e Recursos Feministas terá lugar, o xoves 7 de novembro ás 19.00 horas, a presentación do libro "Quiero mi vida" de Carmen Novo Colldefors (Ed. Carena, 2012).<br />
martes, 5 nov 2013
Anna Amorós presenta ,o mércores 6 de novembro ás 19.00 horas, a mesa redonda sobre CINE dentro do ciclo de charlas "Novas Creadoras, novos valores" que promove a concellería de Igualdade no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo.Na mesa redonda participarán como relatoras Beatriz Barros, Sonia Méndez, Noel Queipo, Alba Sotelo
martes, 29 out 2013
A obra de Teresa Moure, Herba Moura" será o libro que se abordará no Club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo o mércores 30, ás 18 horas, a cargo da xuiza Paz Filgueira.
luns, 21 out 2013
O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o martes 22 ás 19.00 horas unha nova charla do Ciclo de "HISTORIAS VIVIDAS...E CONTADAS POLAS SÚAS PROTAGONISTAS". Nesta ocasión a protagonista será Carme Kruckenberg que será entrevista pola escritora Mercedes Queixa.
xoves, 17 out 2013
A concelleira de Igualdade presentou este xoves a xornada, a celebrarse mañá no Hotel Coia, xunto ás secretarias de Igualdade de Comisións e CIG. Abelairas invitou ás mulleres a participar para "informarnos e concienciarnos" da situación actual, pois "é o momento" de difundir e reivindicar os dereitos das mulleres ante os recortes.
mércores, 16 out 2013
No Centro de Documentación e Recursos feministas presentase o xoves 17 de outubro ás 19.00 horas o libro "Historias de Crazy Bar y otros relatos de lo imposible" de Lola Robles e Concepción Regueiro(Ed. Stonewall, 2013).Interveñen as autoras.
martes, 8 out 2013
O próximo sábado 12 de outubro organízase en Vigo a III Escola Feminista de Implicadas no desenvolvemento, baixo o título de: feminismos e movementos sociais. As xornadas comezarán ás 10,15 horas no local deste colectivo, situado na rúa Barcelona, 86
mércores, 2 out 2013
No Centro de Documentación e Recursos Feministas terá lugar o xoves, día 3 ás 19.00 horas a actividade FALADOIRO DE LIBROS CON... que nesta ocasión centrarase na publicación "Feminismos" de María Reimóndez e Olga Castro(Ed. Xerais, 2013)