Escoitar

Presentación do libro "Historias de Crazy Bar y otros relatos de lo imposible"

No Centro de Documentación e Recursos feministas presentase o xoves 17 de outubro ás 19.00 horas o libro "Historias de Crazy Bar y otros relatos de lo imposible" de Lola Robles e Concepción Regueiro(Ed. Stonewall, 2013).Interveñen as autoras.

mércores, 16 out 2013
Se Scheherazade vivira no noso século XXI, pasaría algunha das 1.001 noites narrando as súas historias nunha mesa do Crazy Bar, local de ambiente de reputación moi dubidosa, onde se atopan as
personaxes máis variopintas. E Scheherazade non relataría só contos marabillosos, senón tamén de ciencia ficción, sobre o futuro luminoso ou sinistro que nos agarda, sobre pasados alternos, sobre outros mundos que tal vez existan alá entre as estrelas lonxanas. E así as narracións dunha e outra engárzanse como os portos onde imos recalando durante unha longa travesía sideral. En cada un deses portos atopamos unha historia que nos sorprende, nos divirte, nos fai pensar, nos emociona. Basta con
caer nesa urda fantástica, con deixarenos seducir polo imposible