Caballero felicítase de que o director xeral da Policía Nacional ratifique Vigo como cidade segura
Durante a súa intervención no IFEVI, o alcalde eloxiou a elección de Vigo como sede do curso estatal "Terrorismo, Seguridade Cidadá e Violencia Antisistema: estratexias e tendencias", organizado pola Unión Federal de Policía durante hoxe mércores e mañá xoves. Caballero reiterou, ao igual que o director xeral da Policía Nacional, que Vigo é unha cidade segura.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entre outras autoridades participou este mércores na inauguración das dúas xornadas de formación que organiza a Unión Federal de Policía no Instituto Feiral de Vigo, coa cooperación do Concello. Reiterando as verdas do propio director xeral da Policía Nacional, Ignacio Cosido, Caballero enfatizou que Vigo é unha cidade segura grazas á especial colaboración que existe entre Policía Nacional, Loca e a Garda Civil.
Durante o día de hoxe e o de mañá, os asistentes asistirán a catro ponencias especializadas e unha mesa redonda de conclusións coa que se pechará o curso. As conferencias versarán sobre a crise e a súa incidencia na seguridade cidadá, as estratexias de seguridade fronte ao terrorismo en España, a seguridade cidadá, movementos independentistas e movementos autóctonos, e os aspectos psicolóxicos e forenses.
Descargar todas as imaxes