martes, 8 abr 2014
Isaura Abelairas presentou hoxe a programación das actividades que se desenvolverán no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo e na Casa das Mulleres ata o próximo mes de xuño. Durante o ano 2013, preto de 5.700 persoas participaron nas distintas iniciativas que este ano, como novidade, incluirán un certame de cine infantil.
mércores, 2 abr 2014
O Centro de Documentación Feminista de Vigo acolle a presentación do libro "Las lesbianas (no) somos mujeres. En torno a Monique Wittig" Beatriz Suárez Briones (ed.) o xoves, 3 de abril de 2014 ás 19.00 horas. Interveñen: Milagros Lores Torres, Beatriz Suárez Briones e Mª Jesús Fariña Busto.
xoves, 20 mar 2014
O xoves, 20 de marzo no Centro de Documentación e Recursos Feministas ás 19.00 horas terá lugar a presentación do libro "As mulleres da conserva" de Fernando Cuñarro Pintos (dir.) Asociación Cultural A Cepa (Cangas). Interveñen: X. Luis Lorenzo "Colón" (responsable do arquivo fotográfico da Cepa) e Carmen Sotelo Gutierrez e Francisca Meira, traballadoras na fábrica de Massó durante os últimos 20-25 anos da citada empresa.
martes, 18 mar 2014
A Concellería de Igualdade programa para o mércores 19 de marzo ás 19.00h, o relatorio "Saúde e dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres" a cargo da xinecóloga Isabel Blanco Domínguez, premio de Igualdade "Ernestina Otero" 2014.<br />
<br />
venres, 14 mar 2014
O Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade entregarán mañá o II Premio de igualdade Ernestina Otero á xinecóloga Isabel Blanco. O galardón será entragado no transucurso dunha cea organizada no hotel Coia.
mércores, 12 mar 2014
O mércores, 12 de marzo ás 19:00 horas nova sesión de FALADOIRO sobre o TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: "Mulleres (e homes) na época moderna. Da garçonne á pin-up" Con... Mercedes Expósito García, no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo.<br />
venres, 7 mar 2014
O Salón de Plenos do Concello acolleu este venres unha sesión específica do Consello Municipal da Muller coa que se abriron os actos programados polo 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. Entidades integrantes do Consello abordaron cuestións como a sanidade, a dependencia, a familia, a pobreza, a educación ou o dereito a decidir, entre outras.
xoves, 6 mar 2014
A tenente de alcalde, Carmela Silva, e a concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, presentaron este xoves a programación para o sábado, 8 de marzo, xunto a representantes do Consello Municipal da Muller. A xornada deste ano leva como epígrafe "Pola Defensa dos Dereitos Sexuais, Reprodutivos e Aborto".
mércores, 5 mar 2014
Reinícianse as actividades do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo coa proxecion da película "La fuente de las mujeres" / Dir. Radu Mihaileanu o xoves, 6 de marzo 2014, ás 18.00 h.