martes, 8 xul 2014
O próximo 10 de xullo será a estrea simultánea do documental "YO DECIDO: El tren de la Libertad" en diferentes cidades do Estado. No caso de Vigo o Colectivo de Mulleres Cineastas contra a Reforma da Lei do Aborto convida a estrea que será ás 20,00h no auditorio do Concello- Praza do Rei<br />
Entrada libre ata completar aforo. Presentación a cargo de Uxía Blanco, Ana Laura Pereira, e Marta Villar, representantes do Colectivo de Mulleres Cineastas. Proxección seguida dun coloquio<br />
luns, 7 xul 2014
O alcalde e a presidenta da entidade rubricaron este luns un convenio de colaboración polo que o goberno de Vigo financia as accións de Dorna en Coia, apoiando o mantemento do "Punto Informa" que teñen no barrio e o concurso escolar que organizan para previr a violencia á muller.
luns, 23 xuñ 2014
Este luns comezan as actividades coa izada da bandeira no Concello e a celebración dun obradoiro na Casa das Mulleres. O día central será o sábado, 28 de xuño, coa manifestación "Polos Dereitos Humanos LGTB" e a Festa Orgullosx na Praza da Pedra. A concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, animou á participación para defender os dereitos do colectivo.
martes, 17 xuñ 2014
A novena edición do programa municipal "Camiña con Nós pola Igualdade" concluíu este martes coa entrega de diplomas no CEIP Emilia Pardo Bazán á dirección e alumnado do centro, por parte do alcalde de Vigo, Abel Caballero. Máis de 4.300 estudantes de 45 colexios recibiron formación -adaptada ás idades dos estudantes- para educar en igualdade entre nenos e nenas.
venres, 30 mai 2014
A Concellería de Igualdade proxecta este sábado 31 de maio ás 11.30 horas a película "CAMPAÍÑA: O SEGREDO DAS FADAS" do ciclo de cine infantil e xuvenil que durante todo o mes de maio estase a realizar no Auditorio Municipal.
venres, 23 mai 2014
Este sábado 24 de maio ás 11,30h, a Concellería de Igualdade programa a proxección do filme " A MONTAÑA MÁXICA" no Auditorio Municipal.A entrada é libre ata completar o aforo.
venres, 16 mai 2014
A Concellería de Igualdade promove un ciclo de cine dirixido a público infantil e xuvenil durante os sábados do mes de maio. O sábado,17 de maio ás 11:30 h proxectarase o film " A CASA DA LUZ"
xoves, 15 mai 2014
O xoves, 15 de maio de 2014, ás 19.00 horas no Centro de Documentación e Recursos feministas terá lugar a presentación do libro:"Sexualidad y salud: el estudio de la sexualidad humanadesde la perspectiva de género" de María Lameiras, Mª Victoria Carrera Fernández, Yolanda Rodríguez Castro(Universidade de Vigo, 2014)
xoves, 15 mai 2014
O Consello Municipal da Muller de Vigo ven de manifestar a súa condena ante os secuestros, por parte de Boko Haram, de 223 xóvenes nunha escola da localidade do noreste de Nixeria o pasado 14 de abril, e solicita o apoio dos gobernos e institucións para frear a violencia de xénero, e máis concretamente a utilización das mulleres como botin de guerra.
mércores, 23 abr 2014
A entrega do II Premio de Microrrelatos "Mulleres Progresistas" será este mércores, 23 de abril, ás 17:30 horas na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Av. García Barbón, 5). É un acto aberto ao público e no que se contará coa presenza da Concelleira de Igualdade, Isaura Abelaira Rodríguez.