venres, 28 nov 2014
A Concellería de Igualdade programa para o día 2 de decembro, martes, ás 20:00h a conferencia que impartirá Marcela Lagarde y de los Ríos sobre "A violencia feminicida e os dereitos humanos das mulleres" no auditorio do antigo Reitorado (R/Areal, 46)

Marcela Lagarde é antropóloga e investigadora mexicana. Autora de numerosos artigos e libros sobre estudos de xénero, feminismo, desenvolvemento humano e democracia, poder e autonomía das mulleres, etc. Catedrática da Universidade Nacional Autónoma de México. Acuñou o termo feminicidio para describir a situación en Ciudad Juárez, México e acadou a creación dunha Comisión Especial de Feminicidio no Congreso para investigar o asasinato de mulleres en Ciudad Juárez.

martes, 25 nov 2014
O Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller organizaron un ano máis un gran tapiz humano no centro da cidade para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, neste 2014 centrado na ciberviolencia, coa participación de 1.900 escolares de 38 centros educativos vigueses. Exposicións, relatos virtuais e actividades lúdicas, informativas e reivindicativas completan a acción municipal no marco do EnlazaVigo contra a Violencia de Xénero.
luns, 24 nov 2014
Con motivo da conmemoración do 25 de novembro "Día Internacional contra a violencia de xénero" , o Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller poñen en marcha un ano máis a iniciativa EnlazaVigo contra a Violencia de Xénero, un conxunto de accións dirixidas a denunciar e sensibilizar á sociedade sobre a violencia que se exerce contra as mulleres.

martes, 18 nov 2014
O alcalde presentou unha nova edición do Enlaza Vigo, un conxunto de accións dirixidas a denunciar e sensibilizar á sociedade sobre a violencia contra as mulleres. O 25 de novembro, día Internacional contra esta lacra social, 1.900 alumnos de 24 centros de secundaria formarán un tapiz na rúa Urzáiz.
martes, 4 nov 2014
O Club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas programa para o mércores 26 de novembro, ás 18 horas una sesión de cafés literarios no que se abordará a novela "La vieja sirena", de José Luís Sampedro. A relatora será Elena Ocampo, xornalista.

Se tes interese en formar parte do "grupo estable" podes inscribirte persoalmente no CDRF ou no tfno. 986 22 90 74

xoves, 30 out 2014
Durante os días 24 e 25 de outubro celebráronse en Vigo as xornadas municipais "As violencias contra as mulleres a estudo. O patriarcado. Respostas do feminismo" organizadas pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller.
xoves, 23 out 2014
A Concellería de Igualdade de Vigo xunto co Consello Municipal da Muller organiza unhas xornadas sobre a Violencia de Xénero que baixo o título: " As violencias contra as mulleres a estudo. O patriarcado. Respostas do feminismo" terán lugar en Vigo os días 24 e 25 de outubro. Lugar de realización: sala de conferencias do Centro Social Afundación. R/Policarpo Sanz, 24
luns, 20 out 2014
O Centro de Documentación e Recusrsos Feministas programa para o martes, 21 de outubro ás 10 horas a mesa redonda de "Blogueiras" na que tres creadoras de blogs contarán a súa experiencia como lectoras, esritoras, críticas e achegarán a súa visión sobre este novo modelo de expresión e comunicación.

xoves, 9 out 2014
A Concellería de Igualdade de Vigo xunto co Consello Municipal da Muller organizamos unhas xornadas sobre a Violencia de Xénero que baixo o título: " As violencias contra as mulleres a estudo. O patriarcado. Respostas do feminismo" terán lugar en Vigo os días 24 e 25 de outubro
mércores, 1 out 2014
A Concellería de Igualdade pon en marcha unha nova programación para o Centro de Documentación Feminista e Casa das Mulleres que se realizarán durante o período de setembro a decembro de 2014.