luns, 7 dec 2015
Da man da Concellería de Igualdade a compañía Inversa Teatro representará no auditorio municipal a peza teatral "té con kant" o vindeiro mércores, 9 de decembro ás 21h, con entrada libre ata completar o aforo. Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga a combinación entre o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntima próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.
luns, 30 nov 2015
O Centro de Documentación e Recursos feministas acolle a presentacion do libro "Rosalía Mera:el hilo suelto", de Xabier R. Blanco (La esfera de los libros, 2015), o martes, 1 de decembro de 2015 ás 19:00 horas. Interveñen Xabier R. Blanco e Manuel Vázquez Sola.
mércores, 25 nov 2015
O EnlazaVigo reuniu hoxe a 2.000 estudantes para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres con actividades informativas, lúdicas e de concienciación na rúa do Príncipe e a conformación dun tapiz humano que simboliza o berro unánime da cidade contra a violencia machista. No acto central, Raquel Doval, en representación do Consello Municipal da Muller leu un manifesto de rexeitamento desta lacra e todos os asistentes gardaron un minuto de silencio en recordo das mulleres asasinadas.
martes, 24 nov 2015
Mañá mércores ás 12 horas desenvólvese en Vigo o acto central do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres que este ano ten como lema "somos quen de deter a violencia de xénero" e que reunirá no farol de Urzáiz a 1.800 estudantes para conformar un tapiz humano co que se amosará o rexeitamento da cidade a esta lacra. A concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, presentou as actividades da xornada acompañada de representantes de varias entidades do Consello Municipal da Muller.
mércores, 18 nov 2015
O Centro de documentación e recursos feministas programa para o xoves 19, ás 19:00 horas o faladoiro sobre o libro "El putero español" de Águeda Gómez Suárez, Silvia Pérez Freire e Rosa María Verdugo Matés.Interveñen Silvia Pérez Freire e unha representante da Asociación Faraxa.
luns, 9 nov 2015
A Corporación de Vigo gardou tres minutos de silencio en memoria de María Inmaculada Cendón, a muller asasinada a pasada noite vítima de violencia de xénero. O alcalde, ademais de lamentar este feito "terrible", fixo un chamamento a toda "a sociedade española a que se revolva contra a violencia machista".
venres, 6 nov 2015
Abel Caballero informou que o goberno local puxo a disposición da cidadanía dous autocares gratuítos cos que poder acudir á capital de España para participar na "Marcha contra as violencias machistas" que se desenvolve mañá sábado. "Teñen todo o apoio do Concello de Vigo e seguiremos implacablemente a loita contra a violencia machista" . Os autobuses saen na tarde deste venres dende a Praza de España e regresan mañá pola tarde ao rematar a manifestación na que estará presente a concelleira de Igualdade, Uxía Blanco. O transporte posto polo concello súmase ao autobús que freta a Deputación de Pontevedra, polo que dende Vigo sairán tres.
venres, 30 out 2015
A Corporación Municipal gardou tres minutos de silencio este venres en memoria de María José Rodrígues Fernándes, vítima da violencia de xénero asasinada en Vigo onte. O Concello decretrou tres días de loito oficial e o alcalde manifestou hoxe, no nome da cidade, o rexeitamento rotundo á violencia machista.
venres, 30 out 2015
O alcalde informou este venres da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local dun convenio coa Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo polo que recibirán 10.000 euros para financiar o seu labor de intervención coas vítimas da violencia machista e sinalou que o goberno local dedica á loita contra esta violencia máis de medio millón de euros.
luns, 26 out 2015
O alcalde de Vigo presidiu esta mañá na Praza do Rei unha concentración para gardar un minuto de silencio en memoria da muller asasinada en Pontesampaio. No nome da cidade, Abel Caballero amosou unha vez máis a súa repulsa por outro asasinato por violencia machista.