venres, 4 mar 2016
Actividades para cativas e cativos no marco do programa de actos que o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo organizan en marzo con motivo da conmemoración do "8 de marzo", Día Internacional das Mulleres.<br />
xoves, 3 mar 2016
A Concelleria de Igualdade e o Consello Municipal da Muller,organizan o premio de Igualdade "Ernestina Otero" que na súa cuarta edición distingue á economista Coral del Río Otero. <br />
mércores, 2 mar 2016
A Concelleria de Igualdade en colaboracion do Consello Municipal da Muller organiza una serie de actos e actividades no mes de marzo con motivo da conmemoración do 8 de marzo "Día Internacional das Mulleres". Os actos iniciaranse o domingo 6 ata o día 20 de marzo baixo o lema "tempos sen exclusión das mulleres.
martes, 1 mar 2016
Este mércores, 2 de marzo, ás 19:00h, no Centro de Documentación e Recursos Feministas, presentación do libro: "O libro das amigas" para Begoña Caamaño. Interveñen: Amanda Álvarez, Bea Caamaño, Carme Panero, María Xosé Porteiro e María Xosé Queizán.
luns, 22 feb 2016
O martes, 23 de febreiro ás 19:00h o Centro de Documentación e Recursos Feministas acollerá o faladoiro "Rosalía, feminista" que impartirá Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro. Actividade que se enmarca dentro dos actos que o Concello de Vigo organiza con motivo da celebración do Día de Rosalía o día 24 de febreiro
martes, 16 feb 2016
Este xoves, 18 de febreiro, ás 19:00 h, no Centro de Documentación e Recursos Feministas, faladoiro sobre o libro: "Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu" con Montse Fajardo (autora)
mércores, 10 feb 2016
A Concellería de Igualdade informa da programación semestral que reúne as actividades que ata o mes de xuño organízanse na Casa das Mulleres e no Centro de Documentación e Recursos Feministas: exposicións, obradoiros, faladoiros e presentacións de libros, cafés literarios...
martes, 9 feb 2016
O Grupo de traballo en igualdade Fiadeiras do CEESG (Colexio de educadoras e educadores sociais de Galicia) presenta en Vigo no Centro de Documentación e Recursos Feministas o libro "Machismos: de micro nada" o mércores, 10 de febreiro de 2016 ás 19:00 hora. Interveñen Noelia Darriba, Eva Bastón e Tania Merelas.
martes, 2 feb 2016
A Concellería de Igualdade lembra que está aberto o prazo de inscrición para participar en catro obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres: "Obradoiro de creación en video", "Obradoiro de Pintura", "Encontro para mulleres: xénero feminino, número singular" e "Obradoiro de escritura: escribir a nosa historia" Dirixidos a mulleres maiores de 18 anos.<br />
mércores, 30 dec 2015
O rexedor vigués mantivo un encontro este mércores con Alicia Peralejo e Victoria Romero, presidenta e vicepresidenta da asociación Acción contra a violencia de xénero, á que Caballero amosou todo o apoio do Concello no desenvolvemento do seu labor xa que "en Vigo queremos estar continuamente na loita contra a violencia de xénero sen ningunha limitación nin restrición" e solicitou á Xunta de Galicia "que dedique máis recursos a esta loita en Vigo".