luns, 19 out 2015
O Centro de Documentación e Recursos Feministas quere render homenaxe a dúas mulleres que coas súas experiencias vitais e profesionais abriron camiño para que poidamos continualo. Unha pequena pero emotiva homenaxe a dúas mulleres que nos deixaron recentemente: María Josefa Wonenburger Planells e María do Carme Kruckenberg Sanjurjo.
martes, 13 out 2015
Cunha traxectoria de dúas décadas, e organizado polas secretarías da Muller de UGT e CCOO coa colaboración do goberno local, o Encontro celébrase este xoves e venres no Hotel Coia baixo o lema "Mulleres empoderadas para unha sociedade máis igualitaria". Coa cita procúrase fomentar políticas de igualdade para avanzar a prol da igualdade real.
martes, 6 out 2015
A Corporación Municipal gardou este martes tres minutos de silencio na memoria de Silvina de Oliveira, a muller vítima da violencia machista asasinada en Vigo a pasada noite, e decretou tres días de loito oficial. O alcalde falou dun "crime execrable, rexeitable e terrible ante o que Vigo se rebela e amosa a súa rabia e rexeitamento permanente á violencia machista". Ademais, enviou unha mensaxe de aprezo á familia e puxo o Concello á súa disposición para todo o que precise. Abel Caballero manifestou que Vigo segue erguendo a bandeira da liberdade e reclamando que "recaia todo o peso da lei sobre os asasinos"
luns, 5 out 2015
O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle a presentación do libro "María Barbeito, <br />
unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970)" a cargo de Ana Romero Masiá de Baía edicións, o martes 6 de outubro ás 19.00 horas.María Nicolasa Paula Barbeito Cerviño (A Coruña, 1880 - 1970) foi unha socióloga, pedagoga, escritora, tradutora, lingüista, e profesora.
xoves, 30 abr 2015
Durante os días 4, 5, 6 e 7 de maio, desenvolverase na Casa Galega da Cultura o ciclo de conferencias Tempo de seu: "Mulleres, historia e saúde na 1ª Guerra Mundial" organizado pola Concellería de Igualdade."Tempo de Seu" é un ciclo de relatorios que trata sobre as mulleres como suxeitos históricos cuxo devir implica a adaptación dos seus corpos e as súas continxencias.
luns, 27 abr 2015
A profesora da Universidade de Vigo Ana Ulla Miguel, será a encargada de ultima charla do ciclo "Galegas na Ciencia" que organiza a Concellería de Igualdade no Centro de Documentación e Recursos Feministas. A charla seá o martes, 28 de abril ás 19:00 horas.<br />
<br />
<br />
venres, 24 abr 2015
Baixo o lema "O Contexto Educativo, Clave para Previr a Violencia de Xénero e Sexual na Mocidade", o Concello de Vigo organiza unhas xornadas na sala de conferencias de Afundación esta tarde e mañá sábado. Os obxectivos pasan por visibilizar entre os mozos este problema social estrutural, sensibilizar á sociedade da súa dimensión, coñecer as novas formas de violencia a través das redes sociais e formar e educar á mocidade. O alcalde, Abel Caballero, incidiu na importancia da educación para erradicar a violencia.
xoves, 23 abr 2015
Máis de 100 persoas paraticiparan nas xornadas formativas "O contexto educativo. Clave para previr a violencia de xénero e sexual na mocidade" organizadas pola Concellería de Igualdade os días24 e 25 de abril. Estas xornadas enmárcanse no programa "Irene", de información, formación e prevención da violencia sexual na mocidade e adolescencia conveniado co Instituto da Muller no período 2014/2015. Dirixidas especialmente a profesionais do ensino, dos servizos sociais , anpas
mércores, 22 abr 2015
O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o xoves día 23 ás 19.00 horas, un faladoiro sobre "Os traballos de coidados remunerados" coa sicóloga Iria Vázquez Silva.
luns, 13 abr 2015
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo organiza as xornadas formativas: "O contexto educativo.Clave para previr a violencia de xénero e sexual na mocidade" que se celebraran os días, 24 e 25 de abril. As prazas son limitadas e concederanse por orde de inscrición.