Escoitar

Presentación do libro "María Barbeito, unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970)"

O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle a presentación do libro "María Barbeito, <br /> unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970)" a cargo de Ana Romero Masiá de Baía edicións, o martes 6 de outubro ás 19.00 horas.María Nicolasa Paula Barbeito Cerviño (A Coruña, 1880 - 1970) foi unha socióloga, pedagoga, escritora, tradutora, lingüista, e profesora.

luns, 5 out 2015
1444044560mariabarbeito.jpg
María Barbeito precisaba dun estudo histórico-biográfico, un texto con contexto, elaborado entre a historia social, a microhistoria e a historia cultural. Aquí está. Con soltura na escrita, cos detalles queridos á historia local, coa estrutura dunha coidada monografía, para mostrarnos o perfil dunha destacada educadora.

O estudo está organizado seguindo un criterio temático-cronolóxico. A esta introdución seguen catro capítulos dedicados aos catro ámbitos básicos da actividade de María Barbeito: o profesional, o benéfico-social, o literario-cultural e o das actividades cívicas e feministas. A eles segue un capítulo dedicado á traxedia que significou a depuración a que foi sometida e que determinou a separación da docencia, unha nova etapa na súa vida marcada polo silencio, a nostalxia e o sufrimento.
Descargar todas as imaxes