O alcalde recoñece a débeda da cidade con Conxemar e comprométese a seguir pedindo a súa ampliación
Abel Caballero asistiu na mañá deste luns á apertura da XVII Feira Internacional de Productos do Mar Conxelados no Recinto Feiral de Vigo, onde destacou a importancia de que a cidade acolla eventos desta magnitude. Apuntou a relevancia de Conxemar no sector poque, dixo, "é aquí onde se fixan os prezos da pesca conxelada do mundo" e reafirmouse na súa intención de seguir demandando á Xunta de Galicia que aumente o espazo dispoñible do recinto para dar cabida a máis expositores, tal e como demanda a organización.
A XVII edición da Feira Internacional de Productos do Mar Conxelados, Conxemar, reúne dende hoxe e ata o mércores no IFEVI a 500 expositores de 40 países en 33.000 metros cadrados de exposición. A feira, organizada pola Asociación Española de Mayoristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura, está considerada como a primeira do sur de Europa e sitúase entre as dez primeiras do mundo.
Na inauguración de Conxemar, á que asistiron o presidente da Xunta e a Conselleira do Mar, Abel Caballero dirixiuse á organización para recoñecer que "a cidade ten unha débeda con todos vós, que fostes facendo posible esta feira, sendo capaces de soportar a competencia desleal desde outros lugares". A este respecto, amosouse "satisfeito polo pulso que lle botou Conxemar á Feira de Barcelona" conseguindo que permanecese en Vigo. Por iso, o alcalde engadiu que lle trasmitía aos responsables da feira o aplauso e o cariño de toda a cidade e sinalou que Conxemar é "a forma na que entendemos unha parte moi importante da nosa economía; é Vigo pero é o mundo", identificando o evento co "progreso, o emprego, o valor engadido e a tecnoloxía", que poñen en valor o traballo en común e a aposta pola cooperación.
En relación á demanda de José Luís Freire, presidente de Conxemar, para a ampliación do espazo ofertado, o rexedor sinalou que é preciso facer ese aumento que dende o Concello xa se lle pediu á Xunta de Galicia e que "seguramente este é o momento" de tratar de ter máis capacidade porque "en Vigo e en Galicia vaise precisar coa reactivación económica". Ademais manifestou que o Concello está traballando para traer máis voos a Peinador, onde nestes momentos se superan os 24 destinos, e incidiu na importancia do transporte aéreo porque "sen el non hai economía; non hai cidade".
Descargar todas as imaxes