EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PADRÓN DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA E DE BENS DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS DO ANO 2015
Lugar : Na oficina do Imposto sobre Bens Inmobles de luns a venres, no terminal sito na Lonxa do Concello de luns a sábado e na paxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador, DNI electrónico ou certificado dixital.
Os/as interesados/as poderán consultar ditos padróns e interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao de finalización do período voluntario de pagamento ou ben directamente interpoñer recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art.137 da Lei 7/1985 da bases de réxime local.