Escoitar

O Concello coopera coa III Escola Feminista de Implicadas no Desenvolvemento

O próximo sábado 12 de outubro organízase en Vigo a III Escola Feminista de Implicadas no desenvolvemento, baixo o título de: feminismos e movementos sociais. As xornadas comezarán ás 10,15 horas no local deste colectivo, situado na rúa Barcelona, 86

martes, 8 out 2013
1381232677feminismo.jpg
A concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, presentou hoxe martes a III Escola Feminista de Implicadas no Desenvolvemento, que un ano máis conta coa colaboración económica do Concello. Acompañada pola escritora María Reimóndez e pola N. Manimekalia, profesora universitaria da India, a edil avanzou que as xornadas serán o sábado 13 no local de Implicadas, situado na rúa Barcelona, 86.

Esta iniciativa pretende proporcionar un espazo de reflexión e debate sobre os feminismos e os movementos sociais e nel participarán tres mulleres destacadas dos movementos sociais de Galicia e de Támil Nadu (India). Elísabet Pérez, presidenta da Asociación Nós Mesmas falará do feminismo e a loita pola visibilización e dereitos de persoas non heterosexuais; N. Manimekalai disertará sobre o feminismo e os grupos de axuda mutua en Támil Nadu; mentres que, por último, Lidia Senra, destacada sindicalista do agro galego aportará a súa visión do feminismo e a loita labrega.

Os interesados en participar teñen que enviar un correo electrónico a info@implicadas.com e os prezos oscilan entre os 20 euros para público xeral e 10 euros para persoas en situación de desemprego e estudantes.

Asimesmo, hoxe martes ás 20:30 horas terá lugar a proxección do documental ‘CAMBIA DE PAPEL’, escrito e dirixido por Luís Tosar, María Reimóndez e Kutti Revathi (cineasta támil) no Auditorio Municipal de Vigo. O documental versa sobre o traballo desenvolto por Implicadas e o seu parceiro local nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu, nos que destaca a aplicación do enfoque feminista ou de xénero.
1381232677feminismo.jpg
1381248123feministas.bmp
Descargar todas as imaxes

Máis información