Presentación do libro "Canon e subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro"
Helena González Fernández e María do Cebreiro Rábade Villar presentan o libro "Canon e subversión. La obra narrativa de Rosalía de Castro" o mércores, 10 de abril ás 19.00 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas.
Probablemente o noso tempo histórico, cuxa querencia polo gótico parece revelar sintomaticamente algo máis que un malestar na cultura, sexa especialmente propicio a novas interpretacións das novelas de Rosalía de Castro, co seu cuestionamento das contradicións da Modernidade. Escribindo o seu presente, a escritora parece dar argumentos para ler o noso: denuncia a violencia familiar e social; critica o capitalismo nacente e retrata a aparición da muller como consumidora; defende a revolución liberal, a emancipación feminina e os ideais dunha humanidade libre e igual, pero expresa o seu desencanto ante a intelectualidade incapaz de materializar estes ideais; fai unha defensa acérrima da escritora profesional e parodia os modelos foietinescos... A narrativa de Rosalía de Castro constitúe, máis que nunca, unha invitación constante a desafiar as inercias da historiografía e da crítica literaria galega, española e europea, e o modo en que se veñen lendo ás escritoras del XIX. Esta colección de ensaios, de especialistas procedentes de ámbitos diversos, proponse contribuír ao esclarecimento crítico da narrativa desta autora, pero sobre todo quere ser unha invitación á relectura dunha obra cuxa complexidade resulta un reto.
HELENA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ é profesora titular de literatura galega e investigadora do Centre Dona i Literatura na Universidade de Barcelona. Doutorouse no ano 1999 nesta universidade cunha tese sobre a poesía galega contemporánea escrita por mulleres. Publicou varias monografías e artigos sobre literatura galega de mulleres, poesía galega e literatura contemporánea. Entre os seus traballos recentes destacan Género y nación (Icaria, 2009), a edición do inédito Más allá del tiempo de María Mariño (Alvarellos, 2007), Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación (Xerais, 2005), a súa colaboración no libro Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf (Sotelo Blanco, 2003), coordinado por Belén Fortes, o Diccionario da Literatura Galega (4 vols., Galaxia, 1996-2002), dirixido por Dolores Vilavedra. É codirectora de Lectora. Revista de Dones i Textualitat. Colabora como crítica literaria na revista Grial.
Descargar todas as imaxes