Escoitar

O alcalde pon en valor que "por primeira vez na historia o pavillón da Etea ábrese á cidade"

O alcalde de Vigo felicitouse esta mañá luns pola "histórica" posta en funcionamento do pavillón da Etea para uso cidadán. Así o dixo hoxe luns durante o acto de apertura destas instalacións deportivas nas que o Concello investiu 1.060.000 euros.

luns, 8 abr 2013
1365421311P4090794.JPG
Abel Caballero presidiu hoxe luns a reapertura "oficial e definitiva" do pavillón da Etea, máis de dez anos despois de que se usara por última vez. Estas instalacións deportivias están divididas en dous espazos, con canchas de basquet, balonmano, entre outras dotacións, cun investimento de obras de 1.060.000 euros. Respecto dos usuarios, explicou que no que resta de tempada será a petición dos equipos e que, logo do verán, o pavillón incorporarase á programación xeral do IMD.

Durante a apertura, o rexedor referiuse ao "complexo" que houbo que percorrer ata este momento, aludindo á compra da Etea que realiza Zona Franca ao Miniesterio de Defensa, dado que o Consorcio quixo recuperar o seu investimento. Caballero lembrou que o acordo chegou o 14 de febreiro de 2009, sendo Emilio Pérez Touriño presidente da Xunta. "Nese momento acabáronse 70 anos de illamento destas instalacións co resto da cidade".

Cifrou en 2,3 millóns os cartos investidos polo Concello na adecuación xeral da Etea, destacando, entre outras actuacións, a construcción do paseo, a demolición du muro que separaba a Etea da praia da Punta.
1365421311P4090794.JPG
1365421326P4090786.JPG
Descargar todas as imaxes