Escoitar

Caballero informa da concesión de 42.000 euros en subvencións para a creación de empresas

Na última sesión da Xunta de Goberno Local, e como parte do Plan Municipal de Emprego, o alcalde de Vigo deu conta hoxe luns da aprobación dun total de 42.000 euros para "axudas municipais á creación de empresas". Caballero estimou en 3.800 os empregos creados pola acción do Concello o pasado ano.

luns, 8 abr 2013
1365420419Imagen005.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns dun dos acordos adoptados na última Xunta de Goberno Local, a aprobación de 42.000 euros en subvencións e "axudas municipais á creación de empresas".

Esta partida forma parte dos 5,5 millóns que reserva este ano o Concello de Vigo para o departamento de Emprego, dos que 2,8 millóns serán para creación directa de postos de traballo mediante convenios e concurso, ademais dos 1,5 millóns que adica o goberno local ao programa Vigo Emprega. Abel Caballero estimou que, o pasado ano, sumando o Plan Municipal de Emprego e os investimentos públicos municipais, o Concello de Vigo xerou uns 3.800 postos de traballo, entre directos e indirectos.
Descargar todas as imaxes