O goberno local investiu 31,5 millóns na recuperación do Casco Vello nos últimos seis anos
Abel Caballero avanzou este venres que nos últimos seis anos o goberno local investiu 31,5 millóns en actuacións de recuperación do Casco Vello. Así o explicou durante a inauguración da nova rúa que une San Sebastián con Abeleira Menéndez, no Casco Vello.
O Goberno municipal acometeu actuacións no Casco Vello por valor de 31,5 millóns de euros nos últimos seis anos, segundo apuntou hoxe venres o rexedor, durante a inauguración da nova rúa que une San Sebastián e Abeleira Menéndez. Trátase, dixo, de seguir traballando na recuperación do "corazón histórico da cidade". A nova escalinata, duns 50 metros e un investimento de 312.000 euros, vai dotada de baldosas de granito, papeleiras, árbores, entre outros, o que define, puntualizou, "un xeito de actuar nunha zona moi especial de Vigo".
Durante a súa intervención, Caballero desglosou o total dos investimentos do Casco Vello: 16 millóns en rehabilitación; 1,6 en cultura e, por último, 13,6 en patrimonio histórico. Neste punto, refereiuse á recuperación social da zona, coa posta en marcha da Pinacoteca e da Uned.
Xerencia de Urbanismo
O alcalde deu conta dos asuntos aprobados na Xerencia de Urbanismo desta mañá, comezando polo acordo de propoñer ao Pleno o proxecto de ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outros xeitos de intervención administrativa aprobada en Xunta de Goberno o pasado 15 de marzo. A proposta pasa por clarificar nun único impreso qué documentos ten que aportar o cidadán para cada tipo de obra ou actividade dos que se poden solicitar, así como axilizar o procedemento administrativo. Deste xeito, redúcese a emisión de notificacións intermedias e, polo tanto, prazos sendo máis eficaces na prestación do servizo.
Neste obxectivo de axilizacións dos procesos administrativos, na que Vigo é pioneira, Caballero referiuse á adaptación do réxime de comunicación previa ao RDL 19/2012 do 25 de maio de medidas urxentes de liberalización do comercio. Deste xeito, determinadas actividades de locais de menos de 300 metros cadrados sométense a un proceso de comunicación previa para poder abrir, e a inspección realízase despois.
Neste mesa Xerencia de Urbanismo, tamén se deu luz verde ao proxecto de obras complementarias de urbanización para o conxunto de equipamentos públicos do Parque Tecnolóxico de Valladares. Cun importe de 103.000 euros, a concellería de Fomento contratará os traballos de levar servizos ás parcelas do parque.
Asimesmo, concedéronse 14 licenzas de obra e 6 de actividade para un investimento de preto de 650.000 euros.
Descargar todas as imaxes