Caballero anuncia para o luns a apertura do pavillón deportivo da ETEA
Despois da aprobación do acordo de xestión da instalación, en favor do Instituto Municipal dos Deportes, o alcalde anunciou que o próximo luns, 8 de abril, entrará en funcionamento este pavillón. Abel Caballero tamén adiantou que o recinto de Candeán abrirá en "próximos dias".
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe venres o acordo de xestión das instalacións deportivas da ETEA en favor do IMD, o que permite ao alcalde anunciar que o próximo luns abrirá o pavillón deportivo da antiga instalación militar, unha vez finalizadas as obras de reforma.
Caballero indicou que o horario de apertura, de luns a vernes, será desde as 16 ata as 23 horas, e os sábados, domingos e festivos "de forma prácticamente ininterrumpida", sempre segundo as previsións de solicitudes de competicións.
No tocante á programación deportiva, nos primeiros meses será provisional, en función da demanda, ata que no outono pase a integrarse na axenda xeral das instalacións deportivas municipais.
"Estamos moi satisfeitos de que a ETEA volva a ser unha zona de utilización do conxunto da cidade e dunha zona xa deportiva", afirmou Abel Caballero, quen recordou que, á súa chegada ao Concello, os antigos espazos do Exército estaban pechados "a cal e canto" e, baixo o seu mandato, foron abertas, acondicionadas -incluíndo un paseo e a praia-, reformadas as instalacións deportivas e, desde o luns, en uso o pavillón.
ALT
O alcalde informou hoxe venres da aprobación da subvención para a realización do Festival Alternativo de Artes Escénicas de Vigo (ALT), con 20.000 euros, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, programa que tivo lugar a comezos do mes de marzo.
Descargar todas as imaxes