Escoitar

O goberno local homenaxeará aos 1.200 voluntarios municipais o próximo 27 de abril

O alcalde de Vigo, despois dunha reunión con representantes do colectivo, anunciou a organización dunha xornada para agradecer o compromiso dos case 1.200 voluntarios inscritos na Oficina Municipal de Voluntariado e fomentar a participación da cidade.

xoves, 4 abr 2013
1365076603voluntario.JPG
Na mañá do sábado 27 de abril, o goberno local celebrará unha xornada para homenaxe na Praza do Rei ás preto de 1.200 persoas inscritas na Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo, para agradecer o seu "compromiso" e "fomentar a participación", en verbas de Abel Caballero.

O alcalde tamén adiantou a organización dunha xornada de portas abertas no Concello de Vigo, guiada polo persoal voluntario do Concello, que terá lugar durante a mañá do próximo 15 de maio.

Caballero, quen revelou que máis do 70% dos voluntarios son mulleres, explicou que o colectivo desenvolve traballos de carácter medioambiental, de apoio a entidades que traballan con adictos, en defensa dos dereitos dos animais, na cultura, cos discapacitados, con colectivos desfarecidos, minorías, terceira idade e xuventude. Tamén apoian ao Concello en eventos puntuais, de tipo deportivo e social, fundamentalmente.

A Oficina Municipal de Voluntariado organiza actividades para o coñecemento da cidade mediante visitas guiadas, para o fomento da lectura e da cultura como instrumento de transformación social.
Descargar todas as imaxes