O rexedor entrega a 42 alumnos os diplomas da segunda fase do programa "Imos Traballar"
42 alumnos do programa "Imos Traballar 2" veñen de recoller os seus diplomas logo dun periodo formativo remunerado que lles permitirá mellorar as súas perspectivas laborais. Cun orzamento de 1,7 millóns de euros, o obxectivo desta iniciativa é promover a inserción laboral dos colectivos máis desfavorecidos.
O alcalde de Vigo participou hoxe xoves na entrega dos diplomas do programa "Imos Traballar 2" a 42 alumnos que tomaron parte dun curso remunerado baixo as espcialidades de atención sanitaria a persoas dependentes, cociña ou catering. Logo deste periodo formativo, tal e como explicou o rexedor, estes alumnos teñen unha titulación que lles habilita para buscar traballo, tarefa na que contarán co apoio municipal.
O importe do proxecto é de preto de 1,7 millóns de euros, dos que 1,3 proceden de Fondo Social Europeo e máis de 300.000 mil euros son aportación municipal. A finalidade é respostar ás necesidades xeradoras de emprego en Vigo e favorecer a preparación de procedementos para mellorar o acutal Pacto Local polo Emprego do Concello de Vigo. Os beneficiarios son demandantes de emprego de Vigo e, de xeito particular, os que teñen especiais dificultades de inserción no mercado laboral: menores de 30 anos, persoas maiores de 45, parados/as de longa duración, mulleres e persoas cualificadas en situación de risco de exclusión social o laboral.
A estes alumnos, ofréceselles unha orientación personalizada, unha valoración das súas competencias profesionais e a oportunidade de cursar formación específica axeitada ao seu perfil, con realización de prácticas profesionais que acompañan á formación.
Descargar todas as imaxes