Escoitar

Arranca a programación no Auditorio municipal para abril e maio

18 espectáculos musicais, teatrais e de danza para todos os públicos e con prezos máximos de 7 euros conforman a programación do Auditorio Municipal para abril e maio. 13 destas actuacións forman parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

xoves, 4 abr 2013
O Auditorio Municipal inicia a súa programación para abril e maio, cunha oferta variada de 18 espectáculos para público adulto e familiar, de música, teatro e danza. Destas actuacións, 13 forman parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

O Auditorio conta coa colaboración do Conservatorio Superior de Música, que ofrecerá dous concertos de balde, os días 30 de abril e 2 de maio, como parte da Semana da Música de Cámara. Tamén se celebrará o Día Mundial da Danza coas actuacións: "Loira", o día 26 de abril para público adulto, e "Otradanza", o próximo 28 para público familiar.

O cartel inclúe a estra da obra "Anxeliños", baseada nun traballo de Roberto Vidal Bolaño, para o próximo 18 de maio, en conmemoración do Día das Letras Galegas, e con entradas a 3 euros. Os espectáculos de pago terán prezos de 5 e 7 euros, 3 para os menores de 12 anos nas obras familiares. As entradas estarán á venda en Servinova e na Central de Espectáculos.

O Concello achega 45.000 euros, o mesmo que o pasado ano, mentres que a Xunta de Galicia rebaixou a partida de 46.000 a 22.000 euros, ademais de retrasar cinco meses a saída da convocatoria de subvencións.