Caballero anima á cidade a presenciar mañá no Pavillón de Navia o partido Celta-Oporto de fútbol indoor
Mañá venres, 5 de abril, enfrontaránse o Celta e o Oporto nun partido de fútbol indoor que comezará as 20,45 horas no Pavillón de Navia. Neste terceiro partido da Liga Nacional, o Celta contará coa presenza de dos emblemas do celtismo: Everton Giovanella e Michel Salgado.
Abel Caballero animou a toda a cidadanía para que mañá venres acudan ao Pavillón de Navia para disfrutar do partido de fútbol Indoor entre o Celta e o Oporto. Durante a rolda de prensa de presentación, o rexedor, acompañado do entrenador, Moncho Carnero, e dos xogadores Ratkovic, Jorte Otero e Everton Giovanella, augurou un gran resultado para o equipo local co obxectivo de clasificarse para cuartos de final.
Este terceiro partido da Liga Nacional de Fútbol Indoor disputarase no Pavillón de Navia mañá a partir das 20,45 horas e nesta ocasión o Celta contará con emblemas do celtismo como Everton Giovanella e Michel Salgado. Trátase dun enco ntro decisivo contra un Oporto chego de estrelas como Paulo Futre, Fernando Couto, Rui Barros e Capucho.
O Celta está encadrado dentro do grupo 1, co Deportivo de A Coruña, o Real Valladolid, Málaga e Oporto. Os tres primeiros equipos gañaron un e perderon outro, mentres que o Oporto estráase nesta liga mañá coa cita co Celta. O seguinte encontro do equipo celeste será o 10 de maio en casa, contra o Valladolid.
Na pasada liga o Celta chegou ata semifinais onde foi eliminado polo Real Madrid. Este ano, o quipo blanco, xunto co Barcelona, o Atlético de Madrid, o Valencia e o Espanyol disputaránse o pase a cuartos noutro grupo da Liga.
As entradas están a venda a 3 euros na Tenda do Célta, Futgol en López Neira 8, Federación de Peñas do Celta e na taquilla o mesmo día do partido. Os menores de 12 anos entran de balde.
Coincidindo con cada partida da Liga, celebrarase a competición infantil Whopper League. Mañá, os equipos de Coruxo, Balaídos, Santa Mariña e Olivo, formados por nenos e nenas de entre 12 e 14 anos, disputarán unha competición a modo de liguiña.
Descargar todas as imaxes