Escoitar

O Concello programa unha mostra educativa sobre a Reconquista para 1.400 escolares

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto a tenente de alcalde e a edil de Educación, comprobaron este venres no Verbum unha das visitas guiadas a cen escolares do Doutor Fleming. Ao longo do mes de abril, 1.400 alumnos dos centros públicos aprenderán con esta actividade a historia da Reconquista da vila de Vigo.

venres, 5 abr 2013
1365162662reconquista.JPG
Abel Caballero, xunto a Carmela Silva e Olga Alonso, acudiron este venres ao Museo Verbum, onde o Concello organiza unha mostra didáctica sobre a Reconquista para un total de 1.400 alumnos de distintos centros públicos de Vigo.

Hoxe venres, coa participación de cen rapaces do Doutor Fleming, o alcalde seguiu unha parte da mostra, tanto os paneis físicos como o material audiovisual, coa que o goberno local divulga este fito histórico entre a mocidade de sexto de Primaria.

"VigoHistoria: A Reconquista", como así se chama a proposta educativa municipal, inclúe o transporte para a visita guiada -cun máximo de 100 escolares- á exposición, o visionado dun audiovisual e posterior coloquio cos escolares, todo elo baseado nunha unidade didáctica, elaborada ao efecto, sobre esta efeméride tan saliantable da historia local de indubidable interese para a comunidade educativa.

Máis información