O goberno local revisa con Míchel Salgado o estado de tramitación do Barrio do Cura
O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, mantiveron este venres unha reunión co exfutbolista e promotor inmobiliario para, entre outras cuestións, pasar revisión ao estado de tramitación do Barrio do Cura, un proxecto que o goberno de Vigo ve "moi importante para a cidade".
O goberno local considera o do Barrio do Cura un proxecto "moi importante para a cidade" polo que ve "con agrado" os seus avances na tramitación: "os técnicos están traballando e cremos que apunta ben", aseguraron os responsables municipais.
Caballero e Silva tamén pasaron revisión á situación xeral da cidade e ao papel de Míchel Salgado como embaixador vigués en Dubai, onde traslada as vantaxes da primeira urbe galega como sede de inversións. En materia deportiva, o exfutbolista celeste coincide na análise do alcalde e tenente de alcalde e ve con optimismo a permanencia do Real Club Celta de Vigo na máxima categoría.
Descargar todas as imaxes