Igualdade pon en marcha o "Servizo de orientación e apoio a mulleres desempregadas" <br /> <br /> <br />
Este servizo está dirixido a mulleres adultas empadroadas en Vigo, con especiais dificultades de inserción laboral e que busquen apoio e orientación na procura dun emprego.
Obxectivos:
- Apoiar e acompañar ás mulleres con dificultades de inserción laboral.
- Individualizar as necesidades especiais das mulleres en situación de pobreza ou en risco de exclusión social, ofrecéndolles titorías individuais.
- Propiciar a creación de redes de mulleres como factor de sinerxia que favorece a comunicación, o intercambio de experiencias e o apoio no camiño da inserción laboral.
- Ofertar un espazo físico con recursos materiais e ferramentas informáticas necesarias para apoiar a busca de emprego.
- Apoiar a creación e titorización dun club de emprego integrado por mulleres desempregadas, que organicen de maneira autónoma, activa, planificada e sistemática a súa procura de emprego.
As mulleres interesadas poden contactar coa Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h ".