Escoitar

O Concello acolle a presentación de "A Cicatriz Branca", o novo filme de Margarita Ledo

Vigo, nos multicines Norte, será a cidade na que se proxecte por primeira vez o novo traballo da cineasta galega, ás 20:30 horas deste venres, un filme que foi presentado no Concello por Margarita Ledo, Eva Veiga, Abel Caballero e Isaura Abelairas.

venres, 30 ago 2013
1377864599filme.JPG
A cineasta galega, Margarita Ledo, presenta a súa nova película "A Cicatriz Branca" hoxe venres, 30 de agosto, nos MultiCines Norte ás oito e media da tarde. Eva Veiga, Xabier Deive, Lino Braxe e Tamar Novas, entre outros, forman parte do elenco dunha película coa que Ledo Andión trata a temática das mulleres que emigraron soas na primera mitade do século XX.

Nesta ocasión faino a través das vivencias de Merce, interpretada pola poeta Eva Veiga. Destinada a servir nunha casa acomodada en Bos Aires, e tras perder ós poucos días o seu traballo, a protagonista pasa tres días na Estación Constitución onde a súa vida se entrelaza coa de outras emigrantes.

A película ven a culminar un traballo de investigación iniciado co documental "Apuntamentos para un filme" onde se recollen diversos testimonios de mulleres emigrantes que serviron de inspiración para as personaxes da película.

Galicia e Buenos Aires, escenarios da rodaxe
O filme foi rodado en Galicia e Arxentina e conta entre as súas localizacións lugares como o Psiquiátrico de Castro, na Terrachá, o Hospital do Centro Gallego de Buenos Aires ou a propia Estación Constitución onde aconteceron moitas escenas semellantes ás que conta o filme. Decrarada de interese cultural polo Ministerio de Cultura, A Cicatriz Branca contou co apoio de diferentes insitucións como a AGADIC e de servizos de Igualdade tal os do Concello de Vigo, Deputación de Lugo, Concello d’A Coruña ou o Instituto de la Mujer.

Margarita Ledo, unha cineasta comprometida
Poeta e escritora, da súa novela "Porta Blindada"a sae a personaxe masculina central do filme ‘A cicatriz branca’; investigadora e autora de obras sobre cinema autoral como "Cine de fotógrafos", Premio Espais d’Art Comtemporani; cineasta experimental en ‘Illa’ ou en ‘Cienfuegos, 1913’; dirixe os documentais ‘Santa Liberdade’ e ‘Liste, pronunciado Líster’. É catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, numeraria da Real Academia Galega, e preside e co-preside diferentes asociacións científicas locais e internacionais no eido das ciencias da comunicación.
Descargar todas as imaxes