Caballero avoga por "seguir enraizando o ciclismo na cidade" co Gran Premio Cidade de Vigo
Esta fin de semana celébrase en Vigo a cuadraxésima edición deste evento, que reunirá a 88 ciclistas de 11 equipos de España e Portugal. O sábado, un circuito polo centro da cidade acollerá probas de fondo, sprint e eliminación, e o domingo, a II Crono-escalada ao Castro.
Na presentación do evento, Abel Caballero amosou a súa "gran satisfacción" pola celebración da XL edición do Gran Premio Ciclista Cidade de Vigo, "ciclismo de alta calidade" para "seguir enraizando" este deporte na cidadanía olivica.
O sábado 31 de agosto, ás 19 horas, un céntrico circuito polas rúas Colón, Príncipe, a Porta do Sol e Policarpo Sanz acollerá tres probas: un carreira de fondo de 20 voltas, unha de sprints con 15 voltas e sprint cada tres, e unha de eliminación na que dous corredores quedarán fora cada volta ata que quede unha decena, cando se eliminará un a un ata ter un gañador.
O domingo 1 de setembro terá lugar a Crono-escalada ao Castro, ás 10:30 horas a individual de 3,5 quilómentros con saída na porta do Sol ata o alto e, desde ás 12:15 horas, a escalada de fondo que parte en Camelias con Venezuela, Marqués de Alcedo, Manuel Olivié, 20 voltas ao circuito (Paseo dos Cedros, Paseo Cronista Álvarez Blázquez), Manuel Olivié e final no Castro.
Na cuadraxésima edición desta proba internacional participarán algúns dos mellores ciclistas amateur de España e Portugal, 88 corredores en total pertencentes a 11 equipos de España e Portugal.
Descargar todas as imaxes