Escoitar

O Concello contrata a 122 desempregados procedentes do INEM durante seis meses

O alcalde informou da aprobación este venres pola Xunta de Goberno Local da contratación, desde o 16 de setembro, de 122 desempregados por 556.000 euros, mediante o programa municipal VigoEmprega 2013. O Plan de Emprego do Concello adica máis de 4 millóns de euros para a contratación de 661 persoas.

venres, 30 ago 2013
1377864505alcalde6.jpg
Abel Caballero deu conta da aprobación deste punto en materia de emprego dentro da Xunta de Goberno Local celebrada este venres, a contratación durante seis meses de 122 persoas procedentes das listas do INEM de Vigo, desde o próximo 16 de setembro.

O programa municipal VigoEmprega 2013, mediante o cal se articulan as 122 contratacións, forma parte do Plan de Emprego do Concello de Vigo para este ano, dotado de 4 millóns de euros de fondos propios do Concello para a xeración de 661 postos de traballo.
Descargar todas as imaxes