Escoitar

O Concello de Vigo adica este ano 423.000 euros a apoiar aos comedores sociais da cidade

O goberno local, a través do concelleiro Santos Héctor, informou este xoves das cantidades que destina aos comedores sociais neste 2013, preto de 425.000 euros para axudar aos máis vulnerables fronte á crise mediante entidades como Vida Digna, o Banco de Alimentos e AFAN, entre outras.

xoves, 29 ago 2013
1377776037santos.jpg
Santos Héctor detallou este xoves que o goberno de Vigo destina este 2013 preto de 425.000 para apoiar aos comedores sociais da cidade e o seu traballo cos máis desfavorecidos.

Nos orzamentos municipais deste ano, o Concello de Vigo reservou 223.000 euros para respaldar a estas organizacións sociais, unha cantidade que triplica o destinado no ano 2011. A esta cifra, indicou o edil, se engaden os 200.000 euros aportados polo goberno local para comedores, incluídos no plan social de apoio ás familias, o que eleva a 423.000 euros a achega municipal en 2013 ao efecto.

Algunhas das entidades beneficiarias son os Hermanos Misioneiros do Enfermos Pobres, o Comedor da Esperanza, Vida Digna, o Banco de Alimentos ou AFAN (Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado). O concelleiro desglosou a colaboración do Concello coa devandita Asociación, un total que supera os 76.000 euros este ano -incluíndo o convenio e a achega procedente do plan social-, polos 30.000 euros da Xunta de Galicia, aínda pendentes de pago, e os 13.000 euros da Deputación de Pontevedra.
Descargar todas as imaxes