Escoitar

O Concello leva á praza da Constitución a Cómplices, que repasará os éxitos da súa carreira

O alcalde, Abel Caballero, presentou este mércores xunto aos duo o concerto que ofrecerá Cómplices o próximo sábado, ás 22:30 horas, na praza da Constitución, un espectáculo que pecha simbólicamente a tempada de verán e no que os músicos repasarán os éxitos da súa dilatada traxectoria.

mércores, 28 ago 2013
1377691334complices.JPG
Abel Caballero, Carmela Silva e David Regades acompañeron a Cómplices na presentación do "gran concerto"que ofrecerá o grupo o próximo sábado, ás 22:30 horas, na praza da Constitución, como peche da tempada de verán.

Segundo explicaron, o espectáculo contará con boa parte dos éxitos que Cómplices acumula ao longo dos trece discos publicados ata o momento, previo á súa partida a Chile e á grabación dos temas que conformarán o seu próximo traballo.

Teo Cardalda avanzou a participación de Juan Noguerol, artista que colabora con Cómplices, e anunciou que está a escribir novo material de cara á grabación do próximo traballo do grupo.
Descargar todas as imaxes