Escoitar
Máis de 650 regatistas chegarán a Vigo entre o 25 de outubre e o 3 de novembro

Caballero salienta que a Semana do Atlántico converte a Vigo en "referencia da vela en Europa"

Este mércores tivo lugar no Real Club Náutico de Vigo a presentación dunha nova edición da Semana do Atlántico Cidade de Vigo, a celebrarse na ría de Vigo desde o 25 de outubro ata o 3 de novembro. O alcalde felicitou aos responsables e animou á cidade a presenciar este evento náutivo "excepcional".

mércores, 28 ago 2013
1377691301vela.JPG
Abel Caballero, na súa intervención, afirmou que "todos os outonos a ría de Vigo vístese das cores da vela" grazas á celebración desta "competición excepcional", que "marca a senda" para a xente nova, nacional e internacional, entre o 25 de outubro e o 3 de novembro.

O alcalde felicitou ao Real Club Náutico pola celebración da proba e á organización e á Federación Galega de Vela polo seu traballo. Caballero invitou á cidadanía viguesa a presenciar a competición que sitúa a Vigo como "referencia de vela en Europa".

Organizado polo Real Club Náutico de Vigo, a Semana do Atlántico Cidade de Vigo é referencia en outono da vela lixeira na península ibérica, coa participación dunhas 600 embarcacións na edición de 2012, procedentes de 10 países e 12 comunidades autónomas. A regata congregará a 520 tripulacións e máis de 650 regatistas na ría de Vigo. A cita convertéuse nunha das regatas máis relevantes da vela lixeira internacional.
Descargar todas as imaxes

Máis información