Escoitar

Caballero traslada a Iman-Cedro que o "recorte" autonómico "conduciría ao peche de CEDRO de non estar o Concello"

O alcalde mantuvo un encontro cos responsables do colectivo e informoulles do recorte en 130.000 euros da achega da Xunta de Galicia para o Centro de Drogodependencias de Vigo, unha asistencia "competencia" exclusiva da autonomía. Caballero avanzou que o Concello asumirá ese recorte.

martes, 27 ago 2013
1377607880cedro.JPG
O alcalde de Vigo puxo no coñecemento do colectivo Iman-Cedro o "dramatismo da nova reducción" da Xunta de Galicia, que recorta 130.000 euros á unidade asistencial CEDRO, de competencia exclusiva autonómica. Caballer censurou que, en lugar de asumir esta función, a Xunta de Galicia "segue nun proceso de recorte activo que conduciría ao peche de CEDRO de non estar o Concello", administración que cubrirá a "neglixencia" da Xunta de Galicia.

Abel Caballero transmitiulles que a Xunta de Galicia "está a levar adiante recortes brutais na atención á drogodependencia" e informou que o 71% do coste de CEDRO está sufragado polo Concello, con "competencia cero" na materia, polo 29% da Xunta de Galicia.

O alcalde recordou que o goberno local tivo que asumir a teleasistencia para os maiores, que deixou de prestar a Deputación de Pontevedra; creou o Centro de Inclusión Social pese a ser competencia autonómica; cubriu os recortes en asistencia domiciliaria e o Centro de Tratamento de Violencia de Xénero para toda Galicia é pagado integramente polo Concello vigués.
Descargar todas as imaxes